venres, 27 de novembro de 2020

-Fica tranquilo, meniño-

Fica tranquilo, meniño;
fica tranquilo, corazón;
fica tranquilo, cachirulo
que a lúa sempre se pon.

Durme tranquilo miña ialma,
durme tranquilo na calor;
durme tranquilo meu anxo
que mañán sairá o sol.

Canta tranquilo ao espertar;
canta tranquilo no solpor;
canta tranquilo miña xoia:
hoxe o sol por ti vai cantar.

E se as nubes o ocultasen
ou quixeran eiquí ficar,
fica tranquilo, cachirulo,
fica, que todo ha pasar.





mércores, 18 de novembro de 2020

-O eco e a montaña-

E faleille á montaña
(e) contestoume cun eco;
ao eco repliqueille
e enmudeceu ao lonxe.
Aos séculos calados
arrinqueilles seu abrigo.
Simularon non verme
e derrubarme sentín.
Da pouca maña verbal
que asomou a meus beizos,
toda, a puiden rexeitar,
mais toda quedou dita.
E en canto poida arrincarme o peito
e xermole no sospiro unha esperanza
volverei falarlle á montaña,
ou espreitareille á espera dun eco.