mércores, 18 de novembro de 2020

-O eco e a montaña-

E faleille á montaña
(e) contestoume cun eco;
ao eco repliqueille
e enmudeceu ao lonxe.
Aos séculos calados
arrinqueilles seu abrigo.
Simularon non verme
e derrubarme sentín.
Da pouca maña verbal
que asomou a meus beizos,
toda, a puiden rexeitar,
mais toda quedou dita.
E en canto poida arrincarme o peito
e xermole no sospiro unha esperanza
volverei falarlle á montaña,
ou espreitareille á espera dun eco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario